Áreas de traballo

Contidos en construción

Acción Feminista de Anova en solidariedade coa compañeira Laura Bugalho

Con motivo do xuízo contra a activista LGTBI e sindicalista da CIG Laura Bugalho, que terá lugar o vindeiro 7 de xuño en Compostela, dende Acción Feminista de Anova queremos sumarnos os diferentes colectivos feministas que están a promover diversas campañas en solidariedade.

O dereito fundamental a existirmos na nosa lingua

O peor que poderiamos facer as persoas e organizacións comprometidas co dereito a existir na propia lingua sería responder aos discursos delirantes do Secretario Xeral do Partido Popular. En casos coma ese, cómpre non lle outorgar natureza comunicativa nin política ao orneo, senón deixar que o seu eco se escoite. Porque a xente común sabe distinguir perfectamente o orneo da palabra.

En solidariedade cos políticos saharauis

Dende ANOVA queremos manifestar o noso total apoio aos presos políticos saharauís de Gdeim izik e ao resto de presos políticos saharauís nas cadeas marroquís, e unímonos con eles na reivindicación dun xuízo civil que sexa legal e se adapte ós canons do Dereito Internacional.