• 1

Xornada-debate sobre as cotas de xénero en política que terán lugar este domingo día 28 no Carballiño, con Lidia Senra e Laura Ogando.

a) Convócase á militancia de Anova á vindeira reunión do grupo de traballo de Acción Feminista de Anova que terá lugar o vindeiro domingo 28 de abril ás 10:30h na casa da Cultura do Carballiño e contará coa seguinte orde do día, aberta a modificacións ata o propio día da xuntanza:

1.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior
2.- Propostas de actividades e xornadas de formación ata a AN en xuño
3.- Debate monográfico: as teses de Anova desde a perspectiva de xénero
4.- Varios

b) Ao remate da reunión, teremos un xantar de confraternidade aberto a quen desexe no Restaurante Exclavo que contará do seguinte menú ( 20€):

- Polbo á feira
- Salpicón de marisco
- Pescada ou carne
- Sobremesa
- Viño, Café e chupitos

Temos ata o xoves para enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para reservar

c) Xornada de formación/debate que comezará a seguir ao xantar, sobre as 16:30h tamén na casa da Cultura do Carballiño e contará coa presenza de Lidia Senra e Laura Ogando e que tratará sobre as cotas de xénero en política. Achegamos cartaz do acto ao que podedes darlle difusión nas localidades.