• 1

O movemento feminista e o dereito a decidir dos pobos

Os vindeiros días 4 e 5 de marzo Anova-Irmandade Nacionalista organiza a visita ao noso país de Guillian Martin, líder do movemento Mulleres pola Independencia de Aberdeen (Escocia), máis coñecidas como "The Indy Quines". 

Xunto ás súas compañeiras, esta recoñecida activista, que tamén milita no SNP (Scottish National Party) dende que a mañá do 19 de setembro saira o NON á independencia de Escocia, percorreu todo o noroeste escocés facendo campaña a favor da independencia dende un ollar feminista.

día 4 Guillian manterá unha xuntanza con colectivos feministas no Café de Catro a Catro (VIGO), ás 20:00 horas.

O día 5, ás 20:00 horas, participará nunha palestra en Compostela (Silveira Casa de Xantas, Mazarelos), baixo o título: "Papel do feminismo no dereito a decidir dos pobos europeos", na que estará acompañada pola nosa eurodeputada Lidia Senra e a responsábel de Acción Feminista de Anova Marga López.

Máis información: