• 1

Desde a área de Acción Feminista de Anova-IN estamos totalmente en contra da volta que lle quere dar unha vez máis o PP á lei do aborto. Non lles chegou con que lle fixésemos dimitir a un ministro que aínda queren seguir coa súa teima de querernos quitar dereitos ás mulleres.

Non imos permitir que lle teñamos que pedir permiso a ninguén para abortar se poñan como se poñan. Os dereitos das mulleres, de calquera muller, non están en negociación. Os dereitos humanos son nosos, diga o que diga a súa lei. 

Mañá volven discutir a lei no congreso, mais non imos quedar paradas, estamos fartas das políticas restritivas deste goberno, de que fagan o que queiran por decreto sen contar con ninguén, nin sequera coas votantes do seu partido. Mañá estaremos todas nas concentracións en rexeitamento das políticas que o patriarcado nos pretende impoñer.

Para despatriarcalizar a sociedade movámonos tamén mañá, 14 de abril, en contra das políticas discriminatorias do goberno.

Todas ás rúas a favor da vida, da vida digna de ser vivida.