• 1

Somos unha sociedade fracasada. Civilizadamente fracasada. Caen ao noso arredor as mulleres asasinadas e non somos quen de cortar de raíz esta lacra.

Urxe poñer enriba da mesa as medidas educativas, políticas, económicas… que nos leven a avanzar cara unha sociedade sen machismos, unha sociedade libre.

Todas e todos somos responsábeis de artellar unha resposta máis fonda, temos que esixir vivir libres de violencia e traballar no camiño para acadalo.
A veciña de vigo asasinada non pode ser unha máis, senón unha menos cara ao compromiso de todos os axentes políticos, sindicais e sociais, de traballar xuntos e acadar as ferramentas que acaben cos asasinatos machistas.

A nosa resposta seguirá na rúa para visibilizar a nosa raiba e visibilizar a falta de políticas que siguen a custar vidas.

Martes 8 setembro convocatorias movemento feminista ás 20h:

  • A CORUÑA : OBELISCO
  • COMPOSTELA: PORTA DO CAMIÑO
  • FERROL: PRAZA DO CONCELLO
  • LUGO: PRAZA DO CONCELLO
  • OURENSE: CASTAÑEIRA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
  • PONTEVEDRA: PRAZA 8 MARZO
  • VIGO: DIANTE DO MARCO