• 1

Porque perden privilexios, porque non saben vivir sen alguén a quen dominar, porque non soportan que sexamos libres, porque se senten inferiores, porque pensan que non sabemos vivir sen eles e cando se decatan de que non é así séntense prescindibles, porque eles tamén son vítimas deste sistema patriarcal que nos atenaza sen decatarnos.

Hai que cambialo xa, é preciso comezar a mudar os valores. Están desxerarquizados. Non se pode valorar máis o diñeiro innecesario que os coidados das persoas, nin tampouco o  traballo remunerado do que non o está, sexa este de calquera índole.  Todas e todos somos necesari@s na sociedade sexa cal sexa a nosa función e así debemos ser tomad@s en conta.

Desta vez foi Conchi, unha muller alegre, a quinta en Galiza e a 39 no Estado Español, no que vai de ano. Unha vez máis indignación, rabia e sentimento de impotencia. Parémonos a reflexionar, porque tod@s somos culpables.

"Mulleres que traballan e coidan de tod@s , que tras anos de entrega están descoidadas e non utilizaron ingresos, coñecementos e recursos na súa melloría persoal... a ideoloxía sacrificial define a súa subxectividade e a súa moral: atenta contra o seu empoderamento e máis que estar fronte a mulleres que cambian o mundo estamos ante mulleres que na súa maneira de vivir , reproducen a opresión"
Marcela Lagarde

Acción Feminista Anova