ANOVA-Irmandade Nacionalista comeza unha campaña virtual para homenaxear os 150 anos da publicación de "Cantares gallegos", de Rosalía.

Co gallo da celebración do 150 aniversario da publicación do libro de Rosalía de Castro, "Cantares Gallegos", desde o grupo de lingua de ANOVA estamos a promover unha campaña de difusión divulgación do mesmo.

ANOVA propón:

  • Colgar cada día, durante unha semana, nos perfís das redes sociais versos de Rosalía montados sobre imaxes de actualidade.
  • Convidar á cidadanía a colgar as súas propias imaxes e textos.
  • Convidar á cidadanía a fotografar un exemplar de "Cantares gallegos", en distintos lugares e compartilos nas redes sociais.

Calendario

A campaña, que durará unha semana, arranca o luns 18 de febreiro e rematará o 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro.