Carlos Oroza morreu en Vigo esta noite. Naceu en Viveiro en 1929 e viviu toda a súa vida dacabalo de moitas patrias da poesía. Foi, é, un grande poeta dos nosos tempos.

O núcleo da súa obra é un extenso poema oral. A elaboración e o axuste da súa poesía dependeron da súa oralidade radical: Nunca necesitou escribir para lembrar, e incluso manifestou en múltiples ocasións que non necesitaba publicar.

É Premio Beat e Premio Internacional da Poesía Underground. Viaxa recitando dentro e fora de Galicia e de España, e vive unha tempada en Ibiza. Durante os anos setenta reside intermitentemente no Courel, dende onde se despraza para dar númerosos recitais. No 1974 publica, alentado por Uxío Novoneyra, o Elencar, na vangardista editorial madrileña Tres.Catorce.Diecisiete.

Poeta raro, figura e persoaxe bohemio, voz única da poesía española, con seguidores e sen discípulos, Carlos Oroza morreu en Vigo, a pé do mar, o elemento que guía a súa poesía derradeira.

Carlos Oroza é un galego rebelde e radical. Que a memoria o manteña vivo e a súa poesía nos acompañe.