A área e o grupo de traballo de Mocidade de Anova conmemora en irmandade o 25 de abril, comezando por participar na convocatoria para cantar a Grândola no Obradoiro en Compostela.

Tamén anima a participar nas distintas convocatorias cívicas en Galiza en conmemoración da Revoluçao dos Cravos.

Logo da cita no Obradoiro para cantar a Grândola, a mocidade de Anova ten prevista unha charla coloquio sobre o 25 de abril ao aire libre, un reparto de caraveis e música do Zeca, seguida dunha cea de irmandade en Compostela.

A cita será pouco despois de cantar a Grândola no Obradoiro.

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.