A área e o grupo de traballo da Mocidade de Anova organizan a presentación do libro de Pablo Gregorio Taboada Os sistemas electorais en España. Será este venres, 24 de maio, ás 19:30 h na libraría Couceiro, en Compostela.

Pablo Gregorio Taboada xustifica este estudo no descoñecemento da sociedade sobre o tema e ao espertar do interese pola cuestión que xerou o 15M.

O autor analiza as cuestións básicas para comprender os sistemas electorais e faise unha análise sobre os que se empregan nas europeas, xerais, autonómicas, nas deputacións e municipais, referíndose tamén aos entes comarcais e entidades locais menores.

Logo, o autor fará unha reflexión sobre alternativas ou modificacións que se poderían introducir nos sistemas electorais actuais e haberá coloquio sobre temas como a circunscrición única, as listas abertas ou a modificación das barreiras mínimas legais. Haberá ocasión, tamén, de debater sobre a modificación no sistema electoral galego que pretende o PP.