Manifestación central en Vigo. O 1 de xuño, ás 12:00 horas dende a Praza dos Cabalos á Porta do Sol. Convoca: Coordinadora 1X Vigo

Europa atópase baixo un violento ataque do capital financeiro que se fai representar pola troika (FMI, BCE, CE) e polos sucesivos gobernos que aplican as políticas acordadas con estas entidades e desprezando ás persoas. Sabemos que esta ofensiva aposta por dobregar aos pobos, facéndoos escravos da débeda e da austeridade. Atravesa Europa e tamén debe ser derrotada pola loita internacional.

Cada un de nós, en cada país, en cada cidade, en cada casa, coas súas especificidades, sente na pel as medidas que aniquilan dereitos conquistados ao longo de décadas, medidas que agravan o desemprego, que privatizan todo o que pode ser rendíbel e condicionan a soberanía dos países coa propaganda da “axuda externa”. É urxente unir as nosas forzas para combater mellor este ataque.

A convocatoria que lanzamos para unha manifestación internacional descentralizada circulou entre decenas de movementos no estado español, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Irlanda, Inglaterra, Escocia, Alemaña, Eslovenia… Na reunión de onte, 26 de Abril, en Lisboa, estiveron presentes compañeiros e compañeiras de varios países de Europa, que discutiron en conxunto esta proposta.

Así, foi consensuado a nivel internacional que sairemos á rúa o próximo día 1 de Xuño: Pobos unidos contra a troika!

Este é o inicio dun proceso que se quere descentralizado, inclusivo e participativo. Queremos construílo colectivamente e axuntando as nosas forzas. A partir de hoxe a data do 1 de Xuño darase a coñecer a escala europea e todas e todos están invitados a participar nunha protesta internacional contra a troika e contra a austeridade…a favor de que sexan os pobos quen decidan as súas vidas.

Facemos un chamamento a todos os cidadáns e cidadás, con e sen partido, con e sen emprego, con e sen esperanza, chamamos a que se unen a nós. A todas as organizacións políticas, movementos cívicos, sindicatos, partidos, colectividades, grupos informais, chamamos a que se unan a nós.

Queremos continuar ampliando os nosos contactos tanto nacionais como internacionais, porque somos conscientes de que será a suma das nosas voces a que poderá bloquear a nova ola de austeridade que se está preparando. Os pobos de Europa demostraron en varias ocasións que non estamos dispostos a máis sacrificios en nome dun futuro que nunca chegará. Por iso pensamos que chegou a hora dunha gran demostración da capacidade de que estes pobos se coordinen na loita e na oposición a estas políticas.

Do Norte ao Sur de Europa, tomemos as rúas contra a austeridade!

Para máis info da convocatoria en Vigo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Convocatoria en Ourense