Onde está o limite do sufrimento? Onde o limite da depredación e avaricia da banca? Estes dias o portavoz da PAH de Pontevedra, o noso compañeiro e amigo Gonzalo atentou contra a sua propia vida.

Non pode soportar o sufrimento, anguria,desesperación e rabia polo que está a acontecer e padecer afectado pola rapiña e insensibilidade do sistema bancario e nomeadamente Nova Galicia Banco.Soamente a valentia da sua compañeira Mirta salvóuno dunha morte segura.

Podemos ficar impasibeis diante desta traxedia e a de centos de afectados familias, desafiuzados/as e mortos/as?

NON. Non imos ficar noqueados polo que está a acontecer.Rebelámosnos. Onte,hoxe e sempre ate que a cidadania masivamente diga BASTA e forze a banca e aos gobernos a cambear, por unha banda, a sua actitude e a lexislacion pola outra.

É polo que seguindo coas nosas mobilización convocamos a toda a cidadania,colectivos,formacións politicas,sindicais e veciñais a unha Concentración de repulsa e protesta o próximo Mercores dia 16 de outubro as 12 da mañán diante da sede central de Nova Galicia Banco na rua Policarpo Sanz de Vigo.

Temos que lles facer ver que SI SE PODE