"O Partido Popular vai axudar á permanencia de ENCE na ría polo civil ou polo criminal", espetou onte Antón Sánchez aos deputados e deputadas do PP no Salón de Plenos do Parlamento galego. Antes, Antón amosou a "punta do iceberg" das portas xiratorias entre a multinacional dos desertos verdes e a Xunta de Núñez Feijóo e afirmou que "Ence detrúe máis emprego na ría, e no país todo, do que crea, porque é unha industria enclave". [Vídeo no interior]