Áreas de traballo

Contidos en construción

Acción feminista sobre caso na Univ. de Vigo

Deben ser as traballadoras e os traballadores denunciantes as/os que deben seguir loitando para poñer en valor a importancia xurídica do I Plan de Igualdade da Universidade de Vigo ou da Lei Orgánica de Igualdade 3/2007.

Neira Vilas, o corazón dun século

Xosé Neira Vilas faleceu esta mañá en Gres. Autor da novela máis vendida na historia da literatura galega, escritor fecundo e sobranceiro activista da  cultura,  cruzou o S.XX e os primeiros relanzos do S.XXI ofrecéndonos, ao seu paso, a crónica dunha parte fundamental da nosa historia recente:  a do mundo do agro e a emigración.

25N: temos que rematar coa violencia contra as mulleres

Desde Anova-Irmandade nacionalista como cada ano e durante o mesmo, denunciamos a continua agresión aos dereitos humanos das mulleres e a inacción dos poderes públicos para rematar con este tipo de terrorismo que padece a nosa sociedade.

Carlos Oroza, un galego rebelde e radical

Carlos Oroza

Carlos Oroza morreu en Vigo esta noite. Naceu en Viveiro en 1929 e viviu toda a súa vida dacabalo de moitas patrias da poesía. Foi, é, un grande poeta dos nosos tempos.

Acción Feminista de Anova apoia a Marcha Estatal contra a Violencia Machista do 7 de Novembro

Dende o grupo de Acción Feminista de Anova-Irmandade Nacionalista queremos mostrar o noso apoio a Marcha Estatal contra a Violencia Machista que se desenvolverá mañá polas rúas de Madrid. Sumámonos así a convocatoria xunto con colectivos feministas, colectivos sociais, sindicatos e outras organizacións políticas ao longo de Estado.

De novo o feminicidio. Por que nos seguen matando?

Desta vez foi Conchi, unha muller alegre, a quinta en Galiza –e a 39 no Estado Español– no que vai de ano. Unha vez máis indignación, rabia e sentimento de impotencia. Paremos a reflexionar, porque tod@s somos culpables.

Contra a sulfatación con glifosato

É unha práctica habitual que as zonas próximas a vieiros (sexan de titularidade municipal, deputacións ou estatais) sexan tratadas para a eliminación da vexetación mediante un sulfato sistémico que ten como compoñente principal o glifosato, desenvolvido por Monsanto e comercializado co nome de “Rondup”. Úsase tamén en parques e outras zonas de uso público onde se queira manter controlada a vexetación silvestre.