Áreas de traballo

Contidos en construción

Antón Sánchez: "vostedes non teñen política de mobilidade sostible"

Mobilidade sostibel

O viceportavoz de AGE e Coordinador Nacional de Anova, Antón Sánchez, destacou a falla de preocupación real do Goberno galego pola mobilidade sostible, o cambio climático ou a redución da dependencia enerxética. A realidade, lonxe dos discursos publicitarios, demostra que o único que lle preocupa ao PP é facer negocio. [Vídeo no interior]

O negocio de Alcoa e as industrias de enclave

Manifestación de Alcoa

Antón Sánchez-. Compre que as urxencias e os debates apresurados non nos aparten dunha liña política que cuestione o sistema e o réxime corrupto do Estado español nos últimos 30 anos.

AGE impulsa no Parlamento un plan de fomento da agricultura ecolóxica

A agroecoloxía é o futuro

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) logrou esta mañá o apoio de todos os grupos parlamentarios na comisión de Medio Rural para instar á Xunta a aprobar un plan de fomento da agricultura ecolóxica, a horticultura e a fruticultura. Con esta proposta, defendida polo deputado Antón Sánchez, AGE pretende contribuír a “equilibrar a balanza alimentaria negativa de Galiza e a crear empregos no rural”.

Porta xiratoria ENCE-PPdG para perpetuar a contaminación da ría

Antón Sánchez

"O Partido Popular vai axudar á permanencia de ENCE na ría polo civil ou polo criminal", espetou onte Antón Sánchez aos deputados e deputadas do PP no Salón de Plenos do Parlamento galego. Antes, Antón amosou a "punta do iceberg" das portas xiratorias entre a multinacional dos desertos verdes e a Xunta de Núñez Feijóo e afirmou que "Ence detrúe máis emprego na ría, e no país todo, do que crea, porque é unha industria enclave". [Vídeo no interior]

O leite, o rural e o libre mercado

Tractorada polo leite

Antón Sánchez-. Asistimos cunha mestura de amargura e esperanza á vaga de mobilizacións en defensa do sector lácteo. Amargura, por comprobar que como país non somos/fumos quen de artellarnos politicamente para asegurar o presente e o futuro dos nosos sectores produtivos, por comprobar que o goberno da Xunta non ten vontade nin capacidade política para reverter a situación de envellecemento e abandono do noso rural.

Asasinato machista en Vigo

Somos unha sociedade fracasada. Civilizadamente fracasada. Caen ao noso arredor as mulleres asasinadas e non somos quen de cortar de raíz esta lacra.

Anova contra calquera caste de maltrato animal

Anova rexeita toda caste de maltrato animal, desde os zoos, onde os animais están privados de liberdade e en pésimas condicións (como ocorre no zoo de Vigo ), pasando polos espectáculos en que se empregan animais para diversión humana (como as achegas de bois), ata a compra e venda de animais de compañía, transporte sen garantías de benestar, situacións nas granxas, etc...