Áreas de traballo

Contidos en construción

17M. Unha lingua para gobernar un concello

O próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, atravesaremos a liña media da campaña das eleccións municipais. Por esta razón, e máis aló da lexítima propaganda e dos actos de campaña de cada candidatura, propoñemos a todas as candidaturas sensíbeis coa lingua nosa deter un momento a maquinaria electoral e encher Galiza, concello a concello, de Actos de Compromiso coa Lingua Galega.

Os dereitos das mulleres son dereitos humanos

Desde a área de Acción Feminista de Anova-IN estamos totalmente en contra da volta que lle quere dar unha vez máis o PP á lei do aborto. Non lles chegou con que lle fixésemos dimitir a un ministro que aínda queren seguir coa súa teima de querernos quitar dereitos ás mulleres.

Os concellos de anova en clave feminista

As mulleres e os homes de Anova comprometémonos a ter no feminismo un dos nosos principios políticos que debera inspirar o noso discurso e a nosa acción. Isto é ir máis alá do que saírmos á rúa os días de conmemoración como o 8 de marzo ou o 25 de novembro, ou sacarmos un comunicado ou utilizarmos o feminino inclusivo...

Acción Feminista de Anova sobre o novo goberno grego

Ao abeiro da constitución do goberno de Grecia abriuse un debate público sobre o feito de que ese novo goberno, que se identifica co principio de cambio en Europa, non conta con ningunha ministra. O Grupo de Acción Feminista de Anova quere facer publicas as súas reflexións a respecto deste debate:

Carta aberta ao reitor da Univ. de Vigo, Salustiano Mato

O Grupo de Acción Feminista de Anova, perante a inacción da Universidade de Vigo diante das actitudes ameazantes, manifestacións de abuso de poder, coaccións e comportamentos misóxinos por parte dun empregado público da comunidade universitaria, decidiu facer pública unha carta de denuncia e solicitude de explicacións e acción ao Reitor da mesma.

Unha saída pola esquerda. Syriza

O pobo grego elixiu, e elixiu Syriza. Polo pronto, una vitoria, que máis alá do que é a disputa política, é una vitoria da democracia, da liberdade e da dignidade. Unha vitoria fronte ao medo imposto como argumento e como táctica polos poderes, xa non só gregos, senón europeos e mundiais.

Beiras e Martiño Noriega coa Asemblea Aberta de Coia

Aproveitando a súa visita a Vigo o pasado sábado 24 de xaneiro, os portavoces de Anova-IN, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, acompañados do coordinador local, Chili Jacome, mantiveron unha xuntanza con representantes da Asemblea Aberta de Coia para recoller información sobre o conflito xerado no barrio nas últimas semanas e ofrecer a súa colaboración e apoio.