Áreas de traballo

Contidos en construción

Non son suicidios #BancaCriminal

Onde está o limite do sufrimento? Onde o limite da depredación e avaricia da banca? Estes dias o portavoz da PAH de Pontevedra, o noso compañeiro e amigo Gonzalo atentou contra a sua propia vida.

A Coordinadora Galega pola Paz maniféstase en contra dunha intervención militar norteamericana en Siria e chama á cidadanía a participar en accións contra o ataque

Anova súmase ao manifesto e apoia as mobilizacións convocadas pola Coordinadora Galega pola Paz.
Reproducimos a seguir o manifesto e as convocatorias de protesta contra o ataque a Siria para esta semana.

A Coordinadora Galega pola Paz, plataforma de acción pacífica e non violenta, conformada por organizacións moi diversas, aberta e plural, de ONGs, movementos sociais, fundacións, sindicatos e partidos, manifesta a súa máis enérxica oposición á unha intervención militar norteamericana contra do pobo sirio, solidarízase coas vítimas, e reclama da cidadanía e das institucións democráticas, parlamento e concellos, mocións de condena na liña do aquí manifestado.

 

Elas deciden!

Anova-Irmandade Nacionalista que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, apoia a manifestación nacional convocada por esta para o domingo, día 16 de xuño, en Compostela. Saída da estación de comboios ás 17 horas.

As mulleres decidimos!

Anova, que forma parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, apoia a manifestación convocada por esta para o domingo, día 16 de xuño, en Compostela. Pola súa banda, Anova Marín organiza unha charla na Biblioteca Municipal, hoxe, xoves 13 de xuño, ás 20:30 horas, a prol do aborto libre e gratuíto.

Beiras afirma que só “a xente en pé de guerra cívica” será quen de rematar coas agresións do poder

"O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento", denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, "xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade".

Presentación do libro: Os sistemas electorais en España

A área e o grupo de traballo da Mocidade de Anova organizan a presentación do libro de Pablo Gregorio Taboada Os sistemas electorais en España. Será este venres, 24 de maio, ás 19:30 h na libraría Couceiro, en Compostela.