Áreas de traballo

Contidos en construción

Alternativa Galega de Esquerda impulsa un programa para incorporar mozas e mozos á actividade agraria

Planta

O Parlamento apoia unha proposta do deputado Antón Sánchez para constituír un grupo de traballo a partir de medidas concretas como a dotación de recursos ás Oficinas Agrarias comarcais, creación de liñas de axuda para prácticas en explotacións agrarias, axudas para inicio de actividade ou protección de mercados locais. >> Consulta a proposta na ligazón: aquí.

Charla formativa: os sistemas electorais en España

A área e o grupo de traballo de Mocidade organizan unha charla formativa en base ao libro de Pablo Gregorio Taboada Os sistemas electorais en España. Será o venres, 24 de maio, ás 19:30 horas na libraría Couceiro de Compostela.

No 25 de abril: Grândola e irmandade!

A área e o grupo de traballo de Mocidade de Anova conmemora en irmandade o 25 de abril, comezando por participar na convocatoria para cantar a Grândola no Obradoiro en Compostela.

FSM 2013: Declaración da Asemblea de Movementos Sociais

Nós, reunidas e reunidos na Asemblea de Movementos Sociais, realizada en Tunisia durante o FSM 2013, afirmamos a contribución fundamental dos pobos do Magreb-Mashreq (dende África do Norte até Medio Oriente) na construción da civilización humana.