A piques de cumprir os 76 anos, Xosé Manuel Beiras, (Compostela, 1936) vén de iniciar unha singradura que supón calquera cousa menos unha xubilación. Dende A Reboraina de Aguiar, a súa casa, e rodeado de libros, cadros e fotografías que percorren boa parte da súa traxectoria política, o histórico líder nacionalista reflexiona sobre o paso que vén de dar, abandonar un BNG que, lamenta, non foi quen de contribuír a "rexenerar" e co que "non quere guerrear".

 

Aínda cunha certa "dor" derivada da ruptura e coa voz tomada por un incipiente catarro, dise con gañas de deixar atrás a voráxine da primeira semana tras a creba, e de contribuír a "catapultar" un "novo proxecto común" que recolla "o mellor da tradición" do Bloque.

Praza Pública. Podes ler toda a entrevista a X. M. Beiras AQUÍ
Entrevista de David Lombao. Fotos: CC BY-SA Tingaralanga

Exhortación á desobediencia

Especial de Altermundo en setembro de 2012