Europeas 2014

Non hai nada aínda. Mais pode habelo todo

A falta dunha valoración oficial de Anova-Irmandade Nacionalista, que corresponderá á vindeira Coordinadora Nacional a celebrar en xuño, emitimos as impresións da Comisión Permanente de Anova-IN sobre resultados das eleccións europeas.

É a hora de 'O Pobo é quen máis ordena'

O 25 de abril é unha data de referencia para as clases populares. É o nome e a data da Revolución, o soño de asaltar o ceo feito realidade durante un breve lapso de tempo.

AGEe presenta en Vigo a súa candidatura ás europeas

Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz acompañaran a Lidia Senra e toda a candidatura de Alternativa Galega de Esquerda en Europa. A cita será no Auditorio do Centro Cultural NovacaixaGalicia en Vigo, o vindeiro venres, 11 de abril, ás 20:15 horas.

Lidia Senra encabezará a lista de Anova/EU/Espazo nas europeas

Máis do 85 por cento das persoas de Anova que exerceron o seu dereito a voto escolleron a labrega Lidia Senra para ser candidata da lista galega ás eleccións europeas. O segundo posto de Anova na lista será ocupado por Carlos Lorenzo Simón, da comarca de Ourense.

Normas e mesas de votación do referendo das europeas de Anova-IN

O proceso electoral interno de escolla de representantes de ANOVA-IN para a candidatura galega que concorrerá ás Eleccións Europeas 2014, realizarase con votación da militancia en urna debidamente selada en cada mesa electoral. O escrutinio global é público. Será no Espazo de Co-Working “DoutroXeito” (R/Hórreo, 22 - 3º, Compostela), a partir das 20:00 h.

Campaña e apoios: candidaturas á listaxe das europeas

Segundo o regulamento do proceso de escolla de representantes para a candidatura galega ás eleccións europeas por parte de Anova-IN, entre o 24 e 29 de marzo pódese desenvolver campaña de apoio ás candidaturas. Neste espazo iremos publicando periodicamente os diferentes textos de campaña, presentacións e apoios que vaian chegando.

En Anova dicimos non ao Tratado de libre comercio UE-EUA

Polo benestar dos galegos e das galegas, así como do resto do planeta, Anova-IN rexeita de plano as escuras e ilexítimas negociacións do Acordo Trasatlántico sobre Comercio e Investimentos así como os pactos que poidan resultar delas.