A militancia de Anova decidiu en referendo sobre as súas alianzas para as eleccións europeas de maio. O programa de Anova para Europa foi ratificado por ampla maioría cun 66% de votos a favor (ao levar o 80% de voto escrutado).

No referendo votaron 791 persoas (o 72,44% das persoas con dereito a voto).

A primeira opción, que Anova participe integrada en coalición coa esquerda federal, recibiu 380 votos (48,04%), resultando a maioritaria.

A opción segunda, que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico-políticas de esquerda e rupturistas, recibiu 369 votos (46,65%).

A opción terceira, non concorrer ás eleccións, 37 votos (4,68%).

Houbo 3 votos en branco e 2 votos nulos.