Máis do 85 por cento das persoas de Anova que exerceron o seu dereito a voto escolleron a labrega Lidia Senra para ser candidata da lista galega ás eleccións europeas. O segundo posto de Anova na lista será ocupado por Carlos Lorenzo Simón, da comarca de Ourense.

A participación, a falta de repasar os datos, foi de máis do 47 por cento, recibindo a candidatura de Lidia 419 votos, una cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas. Carlos Lorenzo recibiu 91 votos.

Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída.

Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso.