Alexis Tsipras (Syriza) estará o domingo 27, ás 11:30, no Pazo de Congresos de Compostela para participar nun acto internacional da candidatura de Lidia Senra ao Europarlamento.

O ACTO INTERNACIONAL de AGE en Europa, no que Tsipras incluiu Galiza e Portugal como as dúas únicas visitas á península, contará con representantes de catro países:

- ALEXIS TSIPRAS: líder da Syriza grega e candidato da Esqueda Unitaria Europea á Presidencia da Comisión Europea
- LIDIA SENRA: candidata da Alternativa Galega de Esquerda en Europa
- XOSÉ MANUEL BEIRAS: voceiro de AGE no Parlamento Galego
- YOLANDA DÍAZ: vicevoceira de AGE no Parlamento Galego
- WILLY MEYER: cabeceira da lista da Esquerda Plural ás eleccións europeas
- JOSÉ SOEIRO: membro da comisión política do Bloco de Esquerda de Portugal