A escolla de Lidia Senra como eurodeputada é un obxectivo cumprido e, ao tempo, unha fabulosa e valiosa oportunidade para situar o noso país nesa fronte ampla das esquerdas europeas para enfrontármonos á troika.

A encomenda que leva consigo Lidia non é doada, mais a súa traxectoria, compromiso e saber facer son indubidábeis. Dende aquí queremos agradecer a Lidia Senra a súa xenerosidade para connosco, o seu traballo e a súa coherencia política.