A Coordinadora Nacional acordou convocar unha Asemblea Nacional Ordinaria para o Outono de 2014 para garantir a participación sosegada da militancia no proceso e non interferir no desenvolvemento da campaña das europeas.

 Anova-Irmandade Nacionalista reuniu hoxe a súa Coordinadora Nacional, na que se procedeu á presentación da candidata e candidato escolleitos en referendo para representar a organización na lista galega de Alternativa Galega de Esquerda en Europa. Tanto Lidia Senra como Carlos Lorenzo se dirixiron aos e ás integrantes da CN para manifestar o seu compromiso co proxecto de Anova na defensa das clases populares e fronte a Troika.

Noutra orde de cousas, a CN decidiu comezar o proceso para convocar a II Asemblea Nacional ordinaria de Anova-IN no outono de 2014. Deste xeito garántese a participación sosegada da militancia nun proceso tan importante e, asemade, o conxunto da organización poderá centrarse no vindeiro proceso electoral das europeas, que contextualiza nunha loita directa entre a cidadanía e as esquerdas rupturistas contra a troika.

Resolución de convocatoria da II AN de Anova-IN