Municipais 2015

Espazo web de Anova dedicado ás eleccións municipais de maio de 2015

Concellos galegos pola ruptura democrática

Anova apostará, alá onde os seus ou as súas militantes obteñan representación nas corporacións municipais, por devolver o poder democrático aos veciños e veciñas e continuar no camiño da necesaria creba do réxime.

Anova-In non participa organicamente, ou como organización política en si, na conformación de candidaturas de unidade popular. Antes ben, é a súa militancia a que achega esforzos sempre a nivel individual.

Programa marco de Anova-IN. Municipais 2015

Estes eixes éticos e programáticos foron aprobados na II Conferencia Política Municipal de Anova celebrada no Museo Verbum de Vigo, o 24 de xaneiro de 2015. Trátase duns eixes básicos, de carácter aberto, que sirvan como base para a elaboración de programas de goberno específicos para os diferentes concellos galegos.

Podes baixar o documento en pdf
Preme aquí.

Os concellos de anova en clave feminista

As mulleres e os homes de Anova comprometémonos a ter no feminismo un dos nosos principios políticos que debera inspirar o noso discurso e a nosa acción. Isto é ir máis alá do que saírmos á rúa os días de conmemoración como o 8 de marzo ou o 25 de novembro, ou sacarmos un comunicado ou utilizarmos o feminino inclusivo...

Anova participa na asemblea galega de cargos políticos municipais contra a reforma da Administración local

Dende Anova consideramos que o mal chamado "Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local" non ten outro obxectivo que a supresión de servizos públicos esenciais dos concellos, abocados á súa futura privatización, o que repercutirá nunha degradación das condicións de vida dunha poboación xa esmagada polas políticas depredadoras, económicas e sociais, do PP.