Esta segunda conferencia, despois da celebrada en Teo, será xa decisoria e tamén estará aberta á participación de todo o mundo. Terá lugar no Museo verbum, o sábado 24 de xaneiro. 

A Conferencia Nacional Decisoria de Política Municipal de Anova-IN terá lugar o sábado día 24 de xaneiro de 2015 na cidade de Vigo. Será no Museo Verbum, situado na Avenida de Samil nº 17 (coordenadas: 42.213429, -8.773763).

DOCUMENTOS ESTRATÉXICO.
Documento a debate. Pódese baixar aquí.

Cronograma:

  • 10:00h. INICIO SESIÓN MAÑÁ
  • 10:30h-10:45h. Introdución documento estratéxico
  • 10:45h-12:15h. BLOQUE 1: Anova-IN nas municipais
  • 12:20h-13:50h. BLOQUE 2: Fórmulas xurídicas a empregar e deputacións provinciais
  • 14:20h. Descanso para o xantar.
  • 16:00h. INICIO SESIÓN TARDE
  • 16:15h-17:45h. BLOQUE 3: Eixos programáticos
  • 17:50h-19:10h. BLOQUE 4: Código Ético
  • 19:15h. PECHE SESIÓN