Anova apostará, alá onde os seus ou as súas militantes obteñan representación nas corporacións municipais, por devolver o poder democrático aos veciños e veciñas e continuar no camiño da necesaria creba do réxime.

Anova-In non participa organicamente, ou como organización política en si, na conformación de candidaturas de unidade popular. Antes ben, é a súa militancia a que achega esforzos sempre a nivel individual.

Anova rematou onte día 20, prazo máximo de presentación de candidaturas ás eleccións municipais do 24 de maio, cun traballo estratéxico destinado a facilitar e colaborar coa súa militancia na elaboración de candidaturas de unidade popular e frontes amplas, respectando sempre as especificidades locais e a soberanía das súas asembleas nos seus ámbitos locais, de acordo cos seus estatutos.

Froito deste traballo, a militancia de Anova pulou pola creación de mareas onde houbo capacidade, e no seu detrimento polas frontes amplas. Só onde non se deron as condicións para isto e onde as asembleas locais da formación o decidiron Anova concurrirá soa a estas eleccións.

Asemade, Anova participou na creación da coalición SON, que concorre a estas eleccións con 42 candidaturas de diferente tipo, dende mareas a partidarias. Trátase dunha coalición meramente instrumental, sen carácter político máis aló duns principios mínimos de esquerda, destinada fundamentalmente a dar cobertura a candidaturas que carecían de entidade xurídica propia para se presentaren e a xestionar os resultados electorais. A dita coalición extinguirase posteriormente como tal.

As cifras

En total a xente de Anova participou con éxito na elaboración de 70 candidaturas para estas municipais, existindo militantes propios da formación en 50 listas electorais de diferentes localidades. As ditas candidaturas abranguen máis do 60% da poboación galega. Alén disto, e de que a militancia de Anova participe ou non nelas, a formación política no seu conxunto quere parabenizar á sociedade galega por ter conseguido crear máis de 70 candidaturas de unidade popular e veciñais no país, o que demostra que lonxe de termos unha cidadanía morta, esta vai tomando conciencia de que debe dar o paso para recuperar o poder institucional e social.

Do total das anteditas candidaturas só 8 delas (Arteixo, Bergondo, Cedeira, Manzaneda, Ourense, Toén, Val do Dubra e Teo) están integradas na súa totalidade por militantes de Anova e, por tanto, concurrirán con esa marca ás eleccións, se ben levarán tamén na meirande parte de casos o apelido Son (Son de Teo-Anova, Son de Val do Dubra-Anova, Son de Bergondo-Anova…).

Asemade, hai casos nos que a militancia de Anova concorre en coalicións locais e en agrupacións de electores.

Asemade, cómpre lembrar que Anova-In non participa organicamente na conformación de candidaturas de unidade popular, antes ben, é a súa militancia a que achega esforzos a nivel individual.

Máis info: Programa marco de Anova-IN. Municipais 2015

Algunhas das candidaturas con presenza de militantes de Anova

  1. Arteixo> SON de Arteixo-ANOVA
  2. Bergondo> SON de Bergondo-ANOVA
  3. Cedeira> ANOVA Cedeira
  4. Manzaneda> SON de Manzaneda-ANOVA
  5. Ourense> ANOVA Ourense
  6. Toén> SON de Toén-ANOVA
  7. Val do Dubra> SON de Val do Dubra-ANOVA
  8. Teo> SON de Teo-ANOVA
  9. Betanzos> Betanzos Novo-SON
  10. Boiro> Boiro Novo-SON
  11. Cambre> Asemblea Cidadá de Cambre-SON
  12. Carral> Asemblea Cidadá de Carral-SON
  13. Marín> Marea Veciñal de Marín-SON
  14. Mos> GañaMos Asemblea Veciñal-SON
  15. Rianxo> Rianxo en Común-SON
  16. Vigo> Marea de Vigo-SON
  17. Beariz> Alternativa para Beariz-SON
  18. Boborás> Xuntos por Boborás-SON
  19. Cangas> Alternativa Canguesa de Esquerda-SON
  20. Ferrol> Ferrol en común-SON
  21. Malpica de Bergantiños> SON d'Aquí
  22. Nigrán> Nigrán Decide-SON
  23. O Carballiño> Alternativa Veciñal do Carballiño-SON
  24. O Irixo> Fai o Irixo-SON
  25. Abegondo> SON de Abegondo
  26. Ares> SON de Ares
  27. Carballo> SON de Carballo
  28. Oroso> SON de Oroso
  29. O Pereiro de Aguiar> SON de Pereiro de Aguiar
  30. A Pobra de Trives> SON de Trives
  31. Redondela> SON de Redondela
  32. Verín> SON de Verín
  33. Tui> SON de Tui
  34. Bueu> SON de Bueu
  35. Ponteceso> SON de Ponteceso
  36. Lugo (coalición)> Lugo Novo
  37. As Pontes (coalición)> Xunt@s Polas Pontes
  38. A Coruña> Marea Atlántica
  39. Boqueixón (AL)> Veciñ@s de Boqueixón
  40. Dodro (AL)> Unidade Veciñal de Dodro
  41. Santiago de Compostela> Compostela Aberta
  42. A Estrada> Móvete
  43. Lalín (AL)> Plataforma Aberta Cidadá
  44. Pontevedra> Marea de Pontevedra
  45. Gondomar> Gondomar Concello Aberto
  46. Folgoso do Courel> C@urel Vivo
  47. Sada> Sada Maioría