O anteproxecto de "Lei de racionalización e sustentabilidade da administración local" do PP é unha voadura planificada da administración local e da democracia cidadán no ámbito municipal.

Este proxecto insiste no reforzamento das Deputacións e da Administración Central violentando as competencias da Xunta e o principio de autonomía local básico no ordenamento xurídico do Estado.

Busca promover a supresión e privatización de servizos municipais, condicionando a administración municipal aos principios de estabilidade orzamentaria e suficiencia económica, en detrimento do interese público xeral e dos servizos básicos que presta á cidadanía.

Pretende impedir a posta en marcha ou continuidade de iniciativas de actividade económica polos concellos, en beneficio das empresas privadas. Por exemplo, en vivenda, os Concellos só terán competencia na "Promoción y gestión de la vivienda de protección pública con criterios de sostenibilidad financiera " (na Lei vixente : "promoción e xestión de viviendas"), co cal a xestión da vivenda polos Concellos queda limitada á de protección pública (con exclusión das privadas) e sempre e cando se cumpra o principio de sostibilidade financeira (custo/beneficio), cargándose o Patrimonio Municipal do Solo como instrumento regulador da vivenda. E todo isto a beneficio das promotoras e inmobiliarias privadas.

Amais impedirá dotar ás parroquias e entidade locais menores de personalidade xurídica propia pechando a posibilidade dunha reforma das administracións acaídas á realidade territorial e poboacional de Galiza

Una cuestión importante a destacar como moi negativa é que leva a unha reconversión encuberta e silenciada, un auténtico ERE no persoal municipal daqueles concellos que vexan transferidas, ademais forzosamente, servizos á deputación.

Un auténtico atentado privatizador.