Campañas

Campañas electorais e campañas de carácter sociopolítico.

Anova participa na asemblea galega de cargos políticos municipais contra a reforma da Administración local

Dende Anova consideramos que o mal chamado "Proxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local" non ten outro obxectivo que a supresión de servizos públicos esenciais dos concellos, abocados á súa futura privatización, o que repercutirá nunha degradación das condicións de vida dunha poboación xa esmagada polas políticas depredadoras, económicas e sociais, do PP.