Contra a megaminaría
AGE denuncia que o PXOM de Cabana de Bergantiños inclúe o suspendido proxecto mineiro de Corcoesto.
Antón Sánchez sinalou que en dito PXOM figura expresamente a delimitación do plan de minaría extractiva de ouro de Corcoesto, malia que a propia memoria admite que non está aprobado. "A maiores, vulnérase manifestamente o artigo 165 da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, ao cualificar os terreos de sistema xeral, como se fose unha infraestrutura ou unha dotación pública".
a Xunta delega as súas competencias a prol dos intereses coloniais de multinacionais extractivas.

Catastróficos datos do paro na era Feijóo
En conxunto, entre 2009 e 2013, a taxa de actividade caeu nun 4% e a de emprego un 14%, mentras que a taxa de paro medrou un 70%.

Accede aquí aos datos completos: o paro na era Feijóo.

O Flotel, só un alivio para Ferrol: apostemos pola construción naval civil

1.- O contrato supón apenas un alivio para a situación extrema na que nos atopamos:

Taxa de actividade de Ferrol 44,2 %, a máis baixa das 7 cidades galegas.

Taxa de ocupación de Ferrol 30,1 %, a máis baixa das 7 cidades galegas.

Taxa de paro de Ferrol 31,9 %, a máis alta das 7 cidades galegas.

Porén, calificamos o feito como unha boa noticia para a comarca e para os traballadores: 450 evitarán engrosar as listas de desemprego.

2.- A consecución do dique flotante segue a ser a ferramenta imprescindíbel de garantía de traballo no curto prazo (segunda pata da mesa xunto co flotel) que permita manter aberta a esperanza de futuro para o naval.

3.- O vindeiro 31 de decembro remata o veto para NAVANTIA Fene e a limitación do 20% á construción civil Navantia Ferrol polo que apelamos aos axentes económicos e sociais a procurar unha estratexia común que impida prorrogar esta situación e abra as portas a unha nova política económica e industrial que teña como eixo a construción civil no naval e que se marque como obxectivo rematar co monocultivo industrial.

Complicidade da Xunta cos abusos de Fenosa, sancionada pola Audiencia Nacional
O abuso continuado ao que Unión Fenosa somete á súa clientela é confirmado por unha sentenza da Audiencia Nacional do pasado 27 de decembro, que asegura que Unión Fenosa Distribución (UFD) "ha cometido un abuso en el mercado conexo de instalaciones eléctricas no reservadas al distribuidor". Esta circunstancia resulta de especial relevancia na Galiza, onde Fenosa controla o 96% do mercado.

Por iso, Antón Sánchez denunciou esta situación no Parlamento. Accede aquí á información e á sentenza contra Fenosa.

Sobre o aeródromo ilegal de Godos en Caldas de Reis
Chelo Martínez pregunta á Xunta sobre o aeródromo de Godos, denunciado por Anova Umia por falta de permisos, falta de seguridade e instalación nunha zona inundable.

Accede aquí ás explicacións e preguntas rexistradas no Parlamento de Galiza.

Pola Sanidade Pública: contra o traslado de servizos de referencia que se realizaban no CHUVI

A reestruturación do Mapa Sanitario de Galicia que pretende trasladar ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) servizos de referencia que ata agora se realizaban no Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI) trae como principal consecuencia que as persoas doentes da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés deberán de desprazarse o dobre de distancia para ser atendidas para certas especialidades (fundamentalmente, cirurxía cardíaca, torácica, plástica, pediátrica, hemodinámica e, previsiblemente, neurocirurxía), pois se antes tiñamos que viaxar 29,5 km. ata Vigo para ser atendidos no hospital de referencia, agora para acceder aos servizos de Compostela teremos que percorrer 85,8 km.
Esta reordenación do mapa de derivacións que ata agora atendía o CHUVI faise coa intención non declarada de desmontar os plans de dotar a Vigo dun Novo Hospital coa dimensión e os recursos suficientes para desempeñar unha papel estratéxico e de referencia na atención especializada do Sur de Galiza.
Con esta finalidade ao proxecto reducíuselle no número de camas, equipamento, superficie construída, módulos como o investigación e docencia, etc. Agora trasládanse ao Hospital de Santiago os servizos de referencia de importantes especialidades de Pontevedra e o Salnés, é dicir, a Consellería decidiu que Vigo teña un hospital menor, aínda inferior que o actual.
Esta situación é a consecuencia da decisión da Xunta de Galicia de optar polo financiamento privado do Novo Hospital e de plegarse ás esixencias das empresas concesionarias de reducir os custos de construción do mesmo (negocio puro e duro) así como ás de POVISA por suprimir camas do proxecto para manter o Concerto Singular e a súa cota de negocio na Área Sanitaria de Vigo.

Dereito á vivenda

A iniciativa de Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras, o grupo parlamentario de AGE presentou unha iniciativa no Parlamento Galego instando á inmediata transposición da Directiva europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial xa que, aínda que non constitúe a solución definitiva á problemática dos desafiuzamentos, si supón un claro avance respecto da normativa española no tocante a protección e defensa da cidadanía. [ver aquí a iniciativa]

O Parlamento Europeo e a Comisión Europea veñen de dar a aprobación final á Directiva da Unión Europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial. Esta directiva aplicarase aos contratos de crédito garantidos por unha hipoteca ou por outra garantía comparable utilizada nun Estado membro, así como aos contratos cuxa finalidade sexa adquirir ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificios. As novas regras adaptaranse aos distintos mercados hipotecarios dos Estados membros, aínda que a información ao consumidor terá que presentarse nun formato homoxéneo en toda a UE.

Entre as medidas que se acordaron destacan as relativas a establecer un período obrigatorio de reflexión de sete días antes de asinar un contrato hipotecario, ou ben do mesmo período de sete días para retractarse trala sinatura, segundo o decida cada país; as demoras en relación cos desafiuzamentos coa esixencia de facilitar a dación en pago e evitando o sobre endebedamento a longo prazo; a flexibilidade na amortización da débeda; e a inclusión de medidas relativas aos préstamos irresponsables, de prohibición de condicionamentos dos préstamos e de garantías na taxación dos inmobles. Tras aprobación desta Directiva a Unión Europea dá un prazo de dous anos para que os estados membros traspoñan a directiva á súa lexislación.

Aínda que non é a solución definitiva para os desafiuzamentos, supón un avance potencialmente significativo respecto da normativa vixente española, en especial respecto da dación en pago, dos procesos de desafiuzamento e das condicións e garantías dos préstamos hipotecarios. Avance que se debe consolidar e materializar con ocasión da transposición efectiva da Directiva, modificando e, no seu caso, derrogando a normativa actualmente vixente na materia.

Anova dispón tamén dunha moción para levar aos concellos esta demanda.

CONTACTO - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Antonio Araújo Quintas