Pola dimisión da Conselleira de Sanidade e da Directora Xeral de Urbanismo: stop nepotismo e corrupción!

Alternativa Galega de Esquerda esixe a dimisión de Rocío Mosquera pola práctica de nepotismo condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza: o enchufe da súa parella no Hospital de Santiago.
Alternativa Galega de Esquerda esixe o cesamento da secretaria xeral de Urbanismo, imputada por ilegalidades urbanísticas cando exercía de xerente de Urbanismo do Concello de Sanxenxo.
O deputado Antón Sánchez denuncia que a desfeita urbanística de Sanxenxo "foi premiada polo PP" co ascenso de Encarnación Rivas á Secretaría Xeral de Ordenación Territorial.
Podes consultar aquí a proposición non de lei na que se pide o cesamento inmediato de Rivas, que foi rexeitada por PP e PSdG.

Esiximos axudas para o sector agrario para paliar os danos ocasionados polos temporais

Alternativa Galega de Esquerda propón crear unha liña extraordinaria de axudas para paliar os estragos causados pola concatenación de temporais dos últimos meses que causaron importantes danos ao sector da horta, froita e flor en Galicia.
O deputado Antón Sánchez asegura que o 'annus horribilis' que estaba a vivir o sector tivo o peor dos colofóns coa destrución de instalacións esenciais como invernadoiros ou o empozamento continuado das terras de labor, o que causou unha forte mingua produtiva despois das irregularidades climatolóxicas que se sucederon ao longo do 2013 con choivas excesivas e pertinaces que alternaron con períodos de seca demasiado longos.
A esta lamentable situación súmase o aumento de custes de actividade polo encarecemento do gasóleo, a electricidade ou os abonos.
A realidade do sector á hora de prever danos como os causados polos temporais, e que non se poden beneficiar de seguros agrarios, pois os que hai ou son demasiado caros ou non están adaptados á idiosincrasia do noso país. Como exemplo o deputado de AGE Antón Sánchez sinalou as intensas choivas veñen de arruinar os cultivos de cereais de inverno na Limia, cuxa sementeira non se puido asegurar por non haber pólizas que cubrisen este tipo de cultivos nesta época do ano.
Ante esta dramática situación AGE presentou unha pregunta en comisión para saber se a Xunta de Galiza valora a posibilidade de crear unha liña extraordinaria de axudas para reparar as instalacións agrarias destruídas polos temporais de Nadal e posteriores, compensar os cultivos estragados, e xeitos de financiamento especiais para dotar de liquidez, ademais de estudar a creación de mecanismos administrativos que compensen esta falta de liquidez con medidas como por exemplo bonificacións ou gratuidade nas cotizacións á Seguridade Social durante un período de tempo determinado.
Consulta a petición aquí.

Alternativa Galega de Esquerda denuncia as escandalosas condicións do concerto renovado do Sergas con Povisa

A deputada Chelo Martínez denuncia que a Xunta non esixe contrapartidas na calidade asistencial nin nos dereitos das traballadoras e traballadores do hospital privado.
Coñecido nos últimos días de 2013, o novo concerto con Povisa perpetúa o tratamento de privilexio que o Sergas outorga a ese centro hospitalario malia a redución do cadro de persoal e da precariedade laboral –coas conseguintes consecuencias para os pacientes-. Martínez presentou unha interpelación ao Goberno en que pregunta ao Executivo polos termos reais dese acordo.
"Non pode ser que a Xunta renove o convenio con Povisa", expón Martínez, "e non esixa contrapartidas na calidade da asistencia aos pacientes nin no respecto aos dereitos laborais das traballadoras e traballadores. Tampouco que o Goberno non esixa inspección, fiscalización e transparencia ao centro encargado de coidar a saúde de máis de 120.00 galegas e galegos". Entre as cuestións que formula a deputada de AGE na súa interpelación figuran a necesidade de que Povisa cumpra cos estándares de calidade dos hospitais públicos ou coa reversión da progresiva precarización laboral e os efectos que esta ten sobre a asistencia aos pacientes.
Podes consultar aquí a interpelación.

Anova e AGE reclaman medidas concretas de conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra

As asembleas de Anova do sur lucense apoian a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e reclaman plans concretos de conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra.

Alternativa Galega de Esquerda reclama que a Xunta poña en marcha un plan de dinamización económica e medioambiental con cronoloxía e memoria orzamentada e outro de preservación, restauración, divulgación e investigación do patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra.

As administracións implicadas neste territorio deben poñer en marcha xa, sen agardar á distinción, un plan de conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural e cultural a Ribeira Sacra con actuacións concretas urxentes en valores patrimoniais en perigo, como é o rico patrimonio inmaterial neste territorio envellecido. A través de AGE, presentamos estas reivindicacións á Xunta de Galiza.
Pódense consultar as reivindicacións das asembleas de Anova da zona aquí.

Anova do Salnés apoia á plataforma SOS Panadeira e leva as súas reivindicacións ao Parlamento a través de Chelo Martínez: non ás obras do Naútico de Sanxenxo

Podedes ver a intervención de Chelo Martínez no Parlamento no vídeo.

A relixión católica perdeu en Galiza un 43% do alumnado dende 2000, pero mantense profesorado e orzamento (28 m €)

Alternativa Galega de Esquerda presentou os datos de matriculación en relixión católica que reflicten unha caída do 43 por cento do alumnado desde o ano 2.000 mentres o número de profesorado e orzamento para esta partida se mantén sen recorte algún por parte da Consellería de Educación.
Ademais, AGE esixiu o pago inmediato das bolsas de ensino, cuns atrasos que están a afectar a máis de 45.000 persoas bolseiras en Galiza, das que 22.000 son de ensino non universitario e o 23.000 restante alumnado da Universidade.

CONTACTO - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Antonio Araújo Quintas