ANOVA-IN
  • Celebración da xeira de Ourense o mércores 24
  • Celebración da xeira de Pontevedra o xoves 25
  • Conferencia sobre o TTIP na Coruña, con Lidia Senra, Antón Sánchez e Gonzalo Rodríguez o venres 26
  • Celebración da Asemblea Deliberativa en Compostela o domingo 28
 
PARLAMENTO GALEGO
Máis info: http://alternativagalega.com/

AGE EN EUROPA

Semana de comisións na que, ao mesmo tempo, os deputados e deputadas do GUE/NGL tiveron que coordinar a forma e os temas que lle plantexarán aos/ás candidatos/as a Comisarios/as nas audiencias públicas previstas para a semana que vén. Isto é, ao longo da semana seguinte cada candidato/a a comisario/a deberá pasar pola comisión respectiva da área da que será responsábel para someterse ao escrutinio dos deputados/as. 

  • Lidia participou na Comisión de Agricultura. Tratáronse 3 temas nos que interveu:
  1. Novos alimentos (presentación dun informe da Comisión Europea): https://www.youtube.com/watch?v=W9xr9-5Dfx8
  2. Unha nova estratexia de UE para os bosques e o sector forestal (presentación dun informe da Comisión Europea): https://www.youtube.com/watch?v=nMhFfqfP8lQ
  3. A loita contra as prácticas comerciais desleais nas relacións entre empresas da cadea de abastecemento alimentario (presentación dun informe da Comisión Europea): https://www.youtube.com/watch?v=P-72ftx7NGY
  • Rexistráronse 4 preguntas escritas dirixidas á Comisión (adxuntas):
  1. Sobre a continuación dos desafiuzamentos no Estado español.
  2. Sobre a utilización de cianuro na minaría.
  3. Sobre as fumigacións de eucaliptos autorizadas pola Xunta de Galiza.
  4. Sobre a presencia de nanomateriais artificiais en alimentos.
  • Celebrouse outra xuntanza de traballo entre os/as Eurodeputados/as do Estado español que se opoñen á candidatura a comisario de Arias Cañete para coordinar as súas actuacións. Para a semana que vén anúncianse mobilizacións importantes no Parlamento debido ás audiencias públicas ás que se verán sometidos todos os/as candidatos/as a comisario/a.
  • Asistencia a conferencias:
  1. Crimes israelís en Gaza, cos membros do Tribunal Russell para Palestina (formado por Ken Loach, Roger Waters, Vandana Shiva, David Sheen, Richard Falk, Max Blumenthal, Mohamed Omer e Michael Mansfield).
  2. O dereito a decidir no século XXI: Escocia, Catalunya e máis alá. Organizada pola UNPO (Organización de Nacións e Pobos Non Representados), a Alianza Libre Europea e o Centro Maurits Coppieters.