ANOVA-IN
  • Toda a documentación da Asemblea Nacional: http://anova.gal/index.php/documentos/ii-asemblea.html
 PARLAMENTO GALEGO
  • Semana fundamentalmente dedicada á preparación do debate do estado da nación 2014, que podedes seguir aquí: http://alternativagalega.com/category/estado-da-nacion-2014-2/
  • AGE esixe a paralización da mineira de Cementos Cosmos en Triacastela ao estar a licenza suspendida: http://alternativagalega.com/age-esixe-paralizacion-da-mineira-de-cementos-cosmos-en-triacastela-ao-estar-licenza-suspendida
  • AGE esixe á Xunta toda a información sobre as fumigacións tóxicas de eucaliptos: http://alternativagalega.com/age-esixe-a-xunta-toda-informacion-sobre-fumigacions-toxicas-de-eucaliptos/
  • Algunhas iniciativas, preguntas e actividades realizadas por Chelo Martínez, Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras:
    • Traballo nas 40 propostas de resolución do debate de Estado da Nación: http://alternativagalega.com/propostas-de-resolucion-de-age-para-debate-estado-da-nacion-2014/
    • Interpelación sobre a situación de Navantia.
    • Iniciativas ao respecto dos ensaios de fumigación de eucaliptos.
    • Iniciativas sobre a dobraxe ao galego.
    • Presentación de solicitude de anulación de licencia de actividade de explotación Don Isidro, de Cementos Cosmos,Triacastela.
    • Pregunta en comisión sobre o Decreto de venta directa de produtos agrarios.
    • Debate na Comisión 2ª, sobre Sogama,A-76 e desafiuzamentos.
    • Charla sobre Medio Rural no Concello da Estrada.
Máis info: http://alternativagalega.com/

AGE EN EUROPA

  • AGE en Europa apoia a campaña europea pola prohibición do uso do cianuro na minaría: http://lidiasenra.com/index.php/age-en-europa-apoia-campana-europea-pola-prohibicion-uso-cianuro-na-minaria/
  • Decenas de eurodeputados e eurodeputadas lanzan unha campaña en Bruxelas contra o nomeamento de Cañete: http://lidiasenra.com/index.php/decenas-de-eurodeputados-e-eurodeputadas-lanzan-unha-campana-en-bruxelas-contra-o-nomeamento-de-canete/
  • Lidia Senra: “Os alimentos artificiais son un perigo para a saúde, o ambiente e o campesiñado”: http://lidiasenra.com/index.php/lidia-senra-os-alimentos-artificiais-son-un-perigo-para-saude-o-ambiente-e-o-campesinado/

Esta semana xirou principalmente ao redor das audiencias públicas ás que os candidatos a comisarios da CE se someteron nas comisións das que se farán cargo. Lidia participou directamente en dúas audiencias á vez que seguiu atentamente a intervención de Arias Cañete polo empuxe que está promovendo todo o GUE/NGL e parte dos Verdes para que sexa substituído.

  • Na primeira audiencia na que participou foi na da Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentar ante o candidato a comisario responsábel destas áreas, o lituano Vytenis P. Andriukaitis co que xa mantivo un encontro previo. Esta foi a pregunta: https://www.youtube.com/watch?v=SB9zgtEBazk&list=UUJtR1TGcqGxleFqIDmKICBQ
  • Como coordinadora de Agricultura no GUE/NGL tamén interpelou ao candidato a comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural, o irlandés Phil Hogan, na súa audiencia pública: https://www.youtube.com/watch?v=WKdb3jdfHL0
  • Aquí están as conclusión que formulou Lídia sobre a audiencia deste candidato: https://www.youtube.com/watch?v=a0upBBQazQ0
Por outra banda, as actuacións contra a candidatura de Arias Cañete tiveron como colofón un acto público con intervencións de Eurodeputados/as e movementos sociais. Eis as declaracións de Lídia neste acto: https://www.youtube.com/watch?v=dnjcEuE7UE0
 
Realizouse unha primeira reunión, a instancias da plataforma estatal Asociación de Vítimas do Paro, entre eurodeputados/as do GUE/NGL, os Verdes/ALE e incluso socialistas para perfilar un grupo de traballo que introduza a RENDA BÁSICA na axenda das institucións europeas.
 
Ademais, rexistráronse 2 preguntas escritas e dirixidas á Comisión Europea sobre a situación dos/as emigrantes galegos/as retornados/as cunha incapacidade laboral recoñecida en diversos países europeos pero non no Estado español, onde son discriminados.