O Portavoz Nacional de ANOVA, Xosé Manuel BEIRAS, participará nun "Encontro aberto con Beiras" no Centro Multiusos do Barco de Valdeorras, mañá sábado ás 19:00 horas.

Este encontro enmárcase na campaña de presenzas do lider de ANOVA previa á celebración da nosa 1ª Asemblea Nacional, para dar a coñecer e intercambiar coa cidadanía os pontos de vista sobre a situación política actual da nosa organización nacionalista ANOVA. Participará tamén David Fernández Calviño, deputado no Parlamento galego por Ourense.