A área de Mocidade de Anova organiza a charla "Fascismo e Gran Capital" co historiador J. R. Pauwels este venres, 12 de abril, na librería Couceiro de Compostela ás oito da tarde.

Seguindo coas actividades formativas previstas dende a área e o grupo de traballo de Mocidade de Anova-Irmandade Nacionalista, este venres 12 de abril temos en Compostela unha palestra sobre "fascismo e gran capital" con J. R. Pauwels na librería Couceiro, ás 20 horas.

J. R. Pauwels é historiador e politólogo e ten publicados libros e estudos sobre o nacismo e a IIª Guerra Mundial. A súa obra El mito de la guerra buena, publicada en castelán por Hiru, estará a venta na librería Couceiro.

http://www.jacquespauwels.net/about.php