O venres, 19 de abril, no Centro Social Polivalente de Brión, ás 20:15 h.

Presentación da Asemblea local de Anova Brión onde trataremos en mesa redonda e debate a actualidade do tema bancario. Contaremos coa presenza de Martiño Noriega, alcalde de Teo e responsable de acción institucional de Anova, Xesús Domínguez, voceiro da Plataforma de Afectad@s das preferentes e subordinadas, e Raúl Asegurado, presidente de Fiare Galiza, experto en banca ética.