A Coordinadora Nacional de Anova, na súa xuntanza de hoxe, 13 de xullo de 2013, escolleu a Comisión Permanente da organización. Ademais do portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, elixido directamente pola Asemblea Nacional, a Comisión Permanente estará composta por 19 persoas, coas respectivas áreas de traballo.

 

- Coordinación: Martiño Noriega Sánchez.

- Acción Institucional: Antonio Araújo Quintas

- Organización: Paula Vázquez Verao

- Relacións Políticas: Luis Eyré Diéguez

- Alternativas Programáticas: Carlos Méixome Quinteiro

- Movementos Sociais: Xosé Manoel Santos Díaz

- Comunicación: Mario López Rico

- Comunicación Interna e Redes: Xosé Manuel Pérez Sardiña

- Acción Feminista: Iolanda Pérez Docampo

- Lingua: Mar Blanco Casais

- Igualdade: Xiana López Penedo

- Patrimonio: Mónica Fernández Rodríguez

- Finanzas: Concha Trigo Portela

- Mocidade: Antía Comesaña González

- Cultura: Antón López Dobao

- Ambiente e Sostibilidade: Antón Sánchez García

- Acción Social: Mª Consuelo Martínez García

- Formación: Xurxo Martínez González

- Diáspora: Laura Ogando Muñiz

Ademais, a Coordinadora Nacional dotarase dun Regulamento para o seu funcionamento, que será debatido na vindeira Coordinadora Nacional, que se celebrará o sábado 27 de xullo.