Anova impulsa hoxe ás 20 h en Rianxo unha charla-coloquio e o domingo en Sober unha xornada práctica para achegarse á agricultura rexeneradora, con vantaxes económicas, sociais e ambientais

Anova aposta polos novos paradigmas de soberanía alimentaria, sustentabilidade e multifuncionalidade da agricultura e pola incorporación de mozas e mozos á actividade agraria en Galicia, unha medida necesaria máis para intentar inverter a pirámide de poboación galega no ámbito rural.

Actividades:

Rianxo, Charla-Coloquio ás 20 h no Cuartel Vello con Antón Sánchez, labrego e enxeñeiro técnico en xardinería e horticultura, parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda e responsábel da área de Rural e Ambiente de Anova e mais Manoel Santos, biólogo e mestrado en xestión e conservación da natureza, responsábel da área de Movimentos sociais e coordinador de Anova-Barbanza.

Así mesmo, o vindeiro domingo 10 de novembro terá lugar a xornada práctica, compartida coa Mocidade de Anova, arredor das oportunidades e desafíos que ten o noso rural. Achegarémonos á olería, á viticultura, ao turismo, aos produtos tradicionais, ás condicións de produción e a etnografía de produtos típicos do mundo ribeirao do interior galego, ás oportunidades de emprego da xente moza no rural a partir destes produtos, do cultivo ecolóxico e do turismo sostíbel, etc.