Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara a independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da Declaración de Láncara, que Xosé Manuel Beiras debullaba en recollendo o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005.

O primeiro acto sobre o novo libro de Xosé Manuel Beiras (Exhortación á desobediencia. Laiovento, 2013) terá lugar o martes 26 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro de Compostela.

A este seguirán outros dous:

Un coloquio público o sábado 30 de novembro na Facultade de Filosofía (18:00 horas) coa compaña de Antoni Domènech (editor xeral de Sin Permiso e catedrático de Filosofía das Ciencias Sociais e Morais na Facultade de Ciencias Económicas da Univ. de Barcelona);
e mais un debate público na Coruña, o sábado 14 de decembro (lugar por concretar) coa compaña de Quim Arrufat (Politólogo e activista. Deputado no Parlament de Catalunya pola Candidatura d'Unitat Popular, CUP), coa colaboración de Galiza Ano Cero.