Cunha xuntanza no Pazo do Souto nacía hoxe un novo grupo local de Anova-IN en Carballo. Ao acto acudiron militantes de toda a comarca, dende Malpica a Carballo ou A Laracha e tamén do Val do Dubra.
O novo grupo vai contar tamén cun local emprazado no lugar de Entremuros, na estrada xeral de Compostela a Carballo.
A xuntanza constitutiva rematou cun xantar de confraternización, ao que acudiron membros da Comisión Permanente da Coordinadora Nacional, como Cristina Amor, comisionada de sustentabilidade; Iolanda Pérez Docampo, comisionada de Organización e Antón Sánchez, comisionado de acción institucional e deputado no Parlamento de Galiza.
Parabéns e bo traballo!