O grupo de Xustiza Social de Anova IN organiza o vindeiro xoves 17 xullo ás 20h no Obelisco coruñés un debate aberto sobre esta problemática no que se analizará o seu alcance, así como as políticas precisas para combatela.

A consecuencia máis grave da crise e das políticas antisociais promovidas polos diferentes gobernos ao servizo dos intereses do gran capital foi o de aumentar de xeito exponencial a porcentaxe de poboación en situación de extrema precariedade, que no noso país afecta xa a un 20% da poboación. A exclusión social e a fame son cuestións que deben ser rescatadas do silencio informativo para devolvelas ao centro do debate político.

 Por esta razón, o grupo de Xustiza Social de Anova IN organiza o vindeiro xoves 17 xullo ás 20h no Obelisco coruñés un debate aberto sobre esta problemática no que se analizará o seu alcance, así como as políticas precisas para combatela.

 No faladoiro estarán presentes os deputados de AGE Antón Sánchez e Ramón Vázquez e Lois Taboada, membro das ANPAs.

 Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo." target="_blank">xustizasocial@anova-galiza.org 
Tel.: Pancho Niño, 636 526 907