Anova-In convoca un acto sociopolítico o Día da Patria Galega, na Praza 8 de Marzo, ás 13:00 horas con posterior convivio no Parque de Belvís.

O día anterior, 24 de xullo, Alternativa Galega de Esquerda, convoca un Foro pola quebra democrática e o dereito a decidir, con presenza de membros de organizacións dos suxeitos políticos do Estado. 

No foro intervirán:

  • Xosé Manuel Beiras (Portavoz Nacional de Anova e Portavoz de AGE)
  • Eudald Calvo (CUP). Concelleiro de Arxentona y conselleiro comarcal do Maresme.
  • Ander Rodríguez (Alternatiba/EH-Bildu). Deputado foral de Política Social de Gipuzkoa.
  • Gerardo Pisarello (Procés Constituent. Guanyem). Profesor de Dereito constitucional da Universitat de Barcelona.
  • Alberto Garzón (IU). Deputado no Congreso en Madrid.

O Foro terá lugar na Facultade de Filosofía ás 17:00 horas.