Que son?

As xeiras de anova son actos descentralizados na súa organización e abertos na súa concepción para facilitar a reflexión colectiva e a elaboración de conclusións e estratexias comúns de cara a compartir o proxecto de anova coa sociedade civil activa.

Decidimos abrir espazos deliberativos para a reflexión colectiva, articulados a nivel territorial, para poder afondar en diferentes preguntas que temos abertas, co obxectivo de conseguir que anova sexa unha ferramenta útil para a transformación social e a construción nacional.

De que imos falar?

  • Que principios político-organizativos comúns defendemos?
  • Esquerda e nacionalismo. Porque movemos os marcos?
  • Municipais. Frontes amplas cara a creba democrática?
  • Como debullamos a relación movementos/partidos?

Quen pode participar?

Este espazo non pretende ser exclusivo para a militancia de anova, e nese sentido animamos a que a militancia non só participe, se non que convide a persoas próximas á nosa organización.

Co debate desta Xeira elaboraremos un documento de conclusións para deixar constancia das preocupacións e das propostas da militancia.

Animamos á participación de todas e todos para permitir que salgan os debates que nos permitan conectar ca nosa sociedade, fomentar novas maneiras de facer política e fortalecer o noso instrumento organizativo.

Onde?