CONFLUENCIA MUNICIPAL E QUEBRA DEMOCRÁTICA

Xoves 18 do Nadal, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) en Compostela.

O acto, organizado por Anova-IN e presentado polo Portavoz Nacional, Martiño Noriega, estará moderado pola xornalista Rosabel Candal, e contará coa presenza de Ada Colau e Gerardo Pisarello, de Guanyem Barcelona, e Xosé Manuel Beiras, portavoz Nacional de Anova-IN.

O dito evento, aberto á cidadanía toda, ten como obxectivo o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua dos procesos municipais de confluencia e das candidaturas con base popular que se están a dar ao longo do noso país e noutras nacións do Estado.