A deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lidia Senra, presentou o seminario internacional “Impacto da liberalización do sector lácteo en Europa: Que futuro?”, que terá lugar no Parlamento Europeo (Bruxelas) os vindeiros días 2 e 3 de setembro, continuando na Galiza (Casa Común de Oza, Ribas, Teo) o venres día 4.


BRUXELAS. Xornada 1 [02/09/2015]

Sala Altiero Spinelli 1G2

Cafés e auga dispoñíbeis dentro da sala
Interpretación dispoñíbel en: ES, EN, FR, DE, PT, EL e FI

10-11.30 VISITA GUIADA NO PARLAMENTO

15.00-15.15 APERTURA POR GABI ZIMMER, PRESIDENTA DO GUE/NGL E LÍDIA SENRA, EURODEPUTADA DO GUE/NGL

15.15-16.00 CONTEXTO EUROPEO. EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN NA UNIÓN EUROPEA E PROPOSTAS

Moderador: Josu Juaristi, eurodeputado do GUE/NGL

  • Isabel Vilalba. Produtora de leite, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Coordinadora Europea Vía Campesina (CEVC) – Romuald Schaber. Produtor de leite, presidente do European Milk Board (EMB) – Nicolas Bezençon. Uniterre Suíza. Experiencia e situación post-cotas en Suíza
  • Mikel Azkarate. Produtor de leite e membro de EHKOlektibo (colectivo de labregos e labregas agroecolóxicas de Euskal Herria)

16.00-17.00 DEBATE

17.00-17.30 CONTEXTO INTERNACIONAL

Moderadora: Lídia Senra, eurodeputada do GUE/NGL

  • Diane Dowling. National Farmer’s Union (Sindicato Nacional de Agricultoras/es). Situación en Canadá
  • Néstor Alfredo Díaz. Fensuagro (Colombia), Vía Campesina Internacional (LVC). Impactos do mercado liberalizado no Norte e no Sur – Gérard Choplin. Experto independente en políticas agrarias. Perspectivas do mercado lácteo a nivel mundial

17.30-18.30 DEBATE

18.30 FIN DA INICIATIVA DO GUE/NGL


BRUXELAS. Xornada 2 [03/09/2015]

Sala 1C51

Interpretación dispoñíbel en: ES e EN

Moderación: Lídia Senra e Josu Juaristi, eurodeputadxs do GUE/NGL

09.00-11.00 ENCONTRO/DEBATE/INTERCAMBIO COS/AS CONVIDADOS/AS POLAS DELEGACIÓNS. PRESENTACIÓN DA SITUACIÓN EN CADA PAÍS. DEBATE E IDENTIFICACIÓN DOS PUNTOS COMÚNS

11:30 ROLDA DE PRENSA: PONENTES INTERNACIONAIS, LÍDIA SENRA E JOSU JUARISTI. Sala ANNA POLITKOVSKAYA, PHS 0A50.


GALIZA. Xornada 3 [04/09/2015]

Casa común de Oza – Ribas, Teo

“A crise do sector lácteo galego no contexto europeo e internacional”

Programa

11:00h.- Recepción dos/as participantes e apertura por Lidia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerdas en Europa e membro do Grupo Parlamentario

11:30h.- O sector lácteo no contexto da Unión Europea.

  • Isabel Vilalba Seivane. Sindicato Labrego Galego (Galiza)
  • Phillippe Collin. Confédération Paysanne (Francia)

15:30h.- O sector lácteo no contexto internacional.

  • Diane Dowling. National Farmer’s Union (Canada).
  • Néstor Alfredo Díaz. Fensuagro (Colombia) – Vía Campesina Internacional (LVC)

18:30 h.- Remate da xornada