A Plataforma Galiza con Catalunya convoca un mosaico humano en solidariedade co proceso catalán.

Será o día 25 de setembro ás 20 horas na Praza da Quintana (Compostela). Con esta acción o colectivo visa amosar, de maneira visual, a solidariedade do pobo galego co proceso independentista catalán perante as eleccións que terán lugar o 27 de setembro.

Entre as organizacións concocantes están: Agir, Agora Galiza, Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación Cultural A Galleira, Bloque Nacionalista Galego, Briga, Causa Galiza, Cerna, Colectivo Nacionalista de Marín, Confederación Intersindical Galega, Frente Popular Galega, Galiza Nova, Isca!, Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Movemento Galego ao Socialismo, Movimento Continental Bolivariano - Capítulo Galiza, Partido Comunista do Povo Galego, Primeira Linha e Xeira.

Máis info: Galiza con Catalunya