Anova-Irmandade Nacionalista quere lembrarse este 25 de xullo, Día da Patria Galega, moi especialmente deses pais da patria que hai un século fundaron as Irmandades da Fala, de aí que escollese como lema: 100 anos de irmandades.

Anova-IN celebrará o seu acto político, con posterior convivio e festa, no Parque de Galeras de Compostela. O acto político comezará ás 13:00 horas e nel falarán diversas persoas vencelladas á organizacións, así como convidados e convidadas que comparten outros espazos sociopolíticos irmáns.

O portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, será o encargado de pechar o acto.

Guión da xornada

  • 13:00 h. Acto político +  vermú (carpa-bar de anova)
  • 14:00 a 19:00 h. Ludoteca ao aire libre para a xente miúda
  • 15:00 h. Xantar de irmandade na carpa da polbeira
  • 17:00 h. A cantar e a bailar coas Faíscas da Pontraga

Convivio

O convivio nacional, coma tódolos actos, terá lugar no Parque de Galeras.

Para participar no xantar hai que inscribirse previamente, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A data límite é o venres 22 ás 22:00 horas. O prezo: 25 euros (15 euros para persoas desempregadas e estudantes).

O menú

Empanadas variadas (carne, bacallau e atún)
Polbo a fartar
Churrasco (porco e tenreira)
Chourizos crioulos
Patacas fritidas
Ensalada

Sobremesa larpeira

Café con pingas
Chupiños de licores
Bebidas (refrescos, auga e gasosa)
Viños tinto e branco do país

Festa rachada

Localización, accesos, aparcadoiros

Localización: https://goo.gl/maps/BMRJnAfFXwQ2

Importante: A festa terá lugar no recuncho do parque máis preto do Pombal. Detrás da rúa presidente Salvador Allende e ao carón do colexio Raíña Fabiola.

Desde o NORTE, mellor entrar por San Caetano, baixar cara ao Auditorio de Galiza, Vista Alegre e campo de Santa Isabel.

Dende o SUR, mellor entrar pola estrada de Noia, Campus Sur e baixar ata a rúa de Galeras, tomando como referencia o antigo Hospital Xeral e o campo de Santa Isabel.

Aparcadoiros:

CATEDRAL, na propia rúa de Galeras  https://goo.gl/maps/uBpUDX8rieG2

SAN CLEMENTE, na rúa de Rodrigo de Padrón, https://goo.gl/maps/KQzQwc5B4vR2