Nos días 25 e 26 de febreiro de 2013 ten lugar no Parlamento de Galiza o pleno para debate e votación do Proxecto de Lei de Orzamentos da C. A. para 2013.

Como o Goberno da Xunta renuncia nestes presupostos a incrementar os ingresos cos mecanismos dos que dispón, Alternativa Galega de Esquerda, explotando as cativas competencias da CA galega, propón un incremento dos ingresos da Xunta en 600 millóns de € para destinar ao máis básico: Sanidade, Educación, Servizos Sociais. Incrementos basados en facer pagar máis a quen máis ten. Foi rexeitado pola maioría do PP.

* A emenda de devolución, que se pode consultar aquí.

O resultado da 'consolidación fiscal', en tódolos países onde se aplica é esactamente o contrario do obxectivo que proclama perseguir: eleva sistemáticamente o endebedamento e a cárrega do seu servizo. Por razóns teóricas que están nos fundamentos da macroeconomía, e que só ignoran os 'zombies' -Stiglitz dixit, non AGE- travestidos en economistas que asesoran ou transmiten as consignas a gobernantes ignorantes ou dispostos a todo para servir aos 'mercados' no canto dos cidadáns.

* Unha emenda ao teito de gasto, que se pode consultar aquí.

A pesares de que a figura orzamentaria do "teito de gasto" é obrigatoria – unha imposición máis da "Troika" – "este límite de gasto non se aplicará aos gastos financiados con anticipos ou novos fondos do sistema de financiamento, fondos finalistas procedentes doutras Administracións públicas, fondos procedentes do Estado que financien novas transferencias de competencias, nen aos que se poidan financiar con novas figuras tributarias ou deriven de acordos específicos adoptados no seo do Consello de Política Fiscal e Financeira." Pero, o Goberno da Xunta nin intentou usar os mecanismos dos que dispón: "coa fixación dun teito de gasto para os Orzamentos de 2013 de 8.481 millóns de euros renunciou a calquera utilización das marxes legais que permitirían o incremento do teito de gasto non financeiro."

"Baixo o pretexto da escasa potencia recadatoria de posíbeis incrementos da presión fiscal sobre figuras existentes ou da creación de novas, o Goberno da Xunta renuncia mesmo a suavizar os efectos prexudiciais para a cidadanía do grave endurecemento dos obxectivos da senda da consolidación imposta dun xeito desleal coas Comunidades autónomas polo Goberno central no marco das esixencias da UE."

Neste contexto, a necesidade de cumprir co límite de gasto financeiro establecido implica unha mingua dos gastos non financeiros dos Orzamentos para 2013 de 700 millóns de euros, cun notorio impacto sobre os gastos de sanidade, educación, servizos sociais e emprego.

* Un paquete de medidas fiscais, que podedes consultar aquí.

En canto ás emendas parciais, por parte de AGE, chegan ao Pleno 35 emendas ao articulado e 100 nos estados numéricos, que serán debatidas neste pleno do 25 e 26 de febreiro. Podedes consultalas aquí.

En resumo:

DES-GOBERNO DO PP

* Para os mercados: pago da débeda: -1.134 millóns de €.

* Aplicación do "teito de gasto" imposto pola Troika: - 700 millóns de € menos en Sanidade, Educación, Servizos Sociais e Emprego.

ALTERNATIVA DE AGE

* Para a cidadanía: priorizar o investimento no básico.

* + 600 millóns de € para Sanidade, Educación, Servizos Sociais, Cultura e Medio Ambiente.

#nonÉausteridadeÉideoloxía, ideoloxía do austericidio
#haiAlternativa