A Coordinadora Nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista quere facer públicas as súas condolencias pola morte do Presidente de Venezuela Hugo Chávez.

 Máis aló do que a súa loita significou para Venezuela liberándoa da ditadura do FMI e Banco Mundial que levaran á exclusión e á pobreza a máis do 70% da cidadanía, máis aló das mudanza radicais en sanidade, educación públicas e do inmenso número de venezolanos que saíron da exclusión e da pobreza durante os seus mandados e máis aló do recoñecemento as nacións indíxenas que integran Venezuela, os seus mandatos contribuíron decisivamente á construción dun espazo soberano latinoamericano capaz de enfrontar as políticas neoliberais e colonialistas dos centro de poder do capital.

Para ANOVA esta pérdida é moi sentida e a súa loita non deixará de ser un exemplo de como podemos combater a crise na que nos teñen metidos os mesmos axentes financeiros, FMI e Banco Mundial, contra os que se uniron os pobos e a esquerda sudamericana e cuxas políticas nos toca hoxe combater a nos ao igual que a todos os pobos europeus e moi especialmente á Europa do Sul.

A inmensa pegada de Hugo Chávez é malia ao incompleto da revolución democrática bolivariana, será un exemplo do que todas e todos imos tirar conclusión proveitosas.